FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 4 de marzo de 2009

Contos moi especiais

Nós no cole contamos moitos contos, as profes e as veces entre nós, pero estes días estamos a ter uns contacontos moi especiais!!!
Onte foron os rapaces de Kalandraka os encargados de dar vida os contos, neste caso contos con música. Contaronnos o conto de Garavanciño (do que xa coñeciamos a canción), o de Paco o rato, Lúa... O pasamos moi ben e tamén coñecimos novos instrumentos como a pandeira, o clarinete... e vimos outros coñecidos como a flauta ou a pandeireta.



Pero non foron as únicas novidades cos contos porque hoxe empezamos a actividade "Contos con mimo" (término creado polo miña compi Bea, e xa podedes imaxinar o porque do nome) e a primeira en estrearse foi Dulce, a mami de Pablo. Creo que a experiencia foi un éxito!! Contounos un conto de Lucía Etxeberría, "La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña" e gustou moito. Moitas grazas Dulce e volve cando queiras!!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola papis, soy sandra la mama de victoria y no se si os pasa lo que a mi. Con tantas actividades distintas, tantas cosas nuevas que aprenden: la granja, las estrellas, los cuentacuentos, los juegos populares...no paramos pero es emocionante. Yo tengo la sensacion de estar con mi hija en el cole y espero que esto siga siendo asi durantemuchos cursos mas aunque algo me dice que debemos aprovechar el momento , cuando aún nos cuentan lo que hacen al volver a casa.

quintob dijo...

A verdade é que estades disfrutando moito cos conta contos e os nenos estan moi atentos o que quere decir que gustalles moito. Noraboa
A nós gustaríanos contarlles tamén un conto.¿que vós parece?

Ana dijo...

Parecenos unha idea fantástica!!! Mañana falamos do tema e quedamos!!!
Moitas grazas pola oferta.

Dulce Rodríguez dijo...

A experiencia fantástica foi para min, estou desexando que se repita, non sabes o que me gustou. Qué xenial. Un bico e grazas por esta oportunidade. Dulce.

luisa dijo...

Ola,
Estou completamente dacordo con Sandra. Estan a aprender tanto e tan rapido que eu estaria completamente perdida sen o blog. Na casa estamos a disfrutar moito dos libros que Ana trae cada venres, e cos seus comentarios, as cancions, os bailes...Gracias as profes por estimulalos tanto, realmente estan a aprender un monton.