FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 20 de octubre de 2008

Estreámonos coa pintura!!!

Nestes días, como ao mellor víchedes na roupa e mandis, estreámonos coa pintura e o rodillo. Nesta ocasión para pintar unhas caixas que servirán para que cada un poda ir gardando os seus traballiños do cole. De momento as estamos pintando de verde e amarelo por votación popular pero quen sabe cal será a próxima cor...

4 comentarios:

sandra dijo...

Hola Ana:
A ver si puedes ayudarme en una duda que tengo. Victoria llega todos los dias a casa diciendo "mañana soy yo la encargada" y cuando le pregunto de qué me dice que de poner la lista de las fotos. Claro, luego se enfada porque dice que yo tengo que saberlo y como no sé a qué se refiere, pues se agarra un rebote...Este blog es genial. El otro dia yo le pregunté de qué color era su mantelito para merendar, ese que habían hecho en el cole, ella no me había contado nada del mantelito y se quedó sorprendidisima y me preguntó cómo lo sabía. Genial poder poder meternos en el dia a dia sin estar dentro. saludos.

Ana dijo...

Ola Sandra!!
A historia do encargad@ é a seguinte: temos unha lista no recuncho das rutinas (sae na foto)na que están o nome de todos, e cada día unha foquiña (que serve de marcador) baixa un posto e sinala a un neno, e entre todos (de momento case sempre eu) averiguamos quen é.Ese é o encargado, que ten a difícil tarea de colocar as fotos de todos no cole ou na casa según onde estean. Logo contamos cantos quedaron na casa e poñemos un carteliño co número na porta, e igual no cole.
Tamén ten que axudar a colocar os carteis do día da semana que é (para o que estamos aprendendo unha canción), o día do mes, o mes, o ano...
Por último o encargado mira o tempo que fai e coloca o icono correspondente sobre o neno e a nena que temos tamén no recuncho, e se é necesario engadelles algún accesorio (o gorro se vai sol, o paraguas se vai chuvia).
Aínda que non é só traballo, pode ir de 1º nas filas!!
Pouco a pouco engadirémoslle máis responsabilidades á lista.
A Victoria aínda non lle tocou ser encargada pero hoxe xa preguntou porque letra empezaba o seu nome e buscouse pola lista. Aínda faltan algúns días de espera...
Espero que non resultara algo moi rollo esta explicación pero é que facemos moitas cousas...

sandra dijo...

Gracias Ana, para nada rollo. Al fin se de qué se trata lo de ser encargado. Ahora entiendo porqué me preguntaba lo de la letra de su nombre. Me pasa igual con las canciones ( ya me pasaa en la guarderia) llega cantando una cancion y se empeña en que yo la cante porque ella no sabe seguir y se pone burra en que yo la tengo que saber. Pienso que quizás sería buena idea que pusieras algunas letras de canciones en el blog y así podamos cantarlas los papás con ellos en casa. gracias y un saludo.

Dulce Rodríguez dijo...

Hola, son Dulce, a nai de Pablo Zárate, e grazas por aclararme o de "encargado", pois Pablo chegou o Mércores contando que era o "encargado" e falábame das fotos dos nenos e nenas, pero eu non sabía a qué se refería, en fin, paréceme unha idea fantástica. A mín tamén pásame o que a nai de Victoria, que as veces canta cancións que eu non coñezo e ponse moi moi cabreado...E gústame enterarme do que fan porque Pablo moitas veces non conta as cousas...en fin. Un saúdo e seguide así. Bicos.