FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 24 de octubre de 2008

O outono chega a Pontedeume

Fai frío, chove, agora sae o sol, caen as follas... todo isto so pode significar que xa está aquí o Outono!!! Un dos primeiros en decartarse foron Juan e Clara que trouxeron unhas coroas do Outono moi chulis!!
As foquiñas, que decatámonos de todo, non podiamos deixar de reflexalo na nosa clase. Por iso durante estes
 días fumos falando dos cambios que veíamos no tempo, na paisaxe e incluso nas comidas porque nesta época empezamos a comer uvas, figos, castañas... E decidimos que tiñamos que reflexar o Outono na clase e fixemos unha árbore (que irá cambiando según as estacións) e a decoramos con folliñas de outono.


Tamén falamos de que nesta época e cando saen os cogumelos e tamén fixemos un moi bonitos para decorar a nosa clase. E para que non quedara ninguha dubida do que estabamos a falar a profe trouxo uns cogumelos para os puideramos ver, tocar, oler...


Aproveitamos que os maiores de 2º fixeron no seu corredor unha exposición de froitos do outono para ir a vela. Aprender non sei se aprenderiamos moito pero o pasamos moi ben correndo, "cotilleando" noutras clases, encontrándonos con amigos, irmáns, curmáns e demais familia...


4 comentarios:

José Carlos dijo...

Que árbore tan bonita fixestes , ademais tamen tedes un ximnasio moi amplo, que envexa. Véxelles unha cara de moita ledicia a tod@s pintando.

Anónimo dijo...

Ola a todos/as
Somos Luciano e Ana, os pais de Paula e estamos a disfrutar moito do blog: as fotos, as actividades, e o simpático de todos os comentarios. Xa que non podemos ir polas mañáns por ahí, sí esperamos participar moito día a día con vós dende aquí.
Bicos e a disfrutar moito no cole!!!

luisa dijo...

Ola,
Somos os pais de Ana e pensamos que o blog e unha idea estupenda para ver o que fan no cole... ainda que na casa xa se nota tamen cantas cousas estan a aprender, fai un par de semanas, Ana puxose o abrigo ela sola e que orgullosa estaba de non precisar a axuda de mama. Tamen esta a cantar moito... Cada dia nos sorprende cunha cousa nova.
Bicos.

Luisa e Darren

Dulce Rodríguez dijo...

Bos días, son a nai de Pablo Zárate estou desexando ver o que fai o meu peque e os demáis nenos e nenas na celebración do Samaín...xa faredes fotos. Bicos.