FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 6 de octubre de 2008

Comenzamos coa vida "normal"

Unha vez que rematamos o periodo de adaptación e estivemos todos xuntos durante toda a mañá o primeiro que fixemos foi dar un paseiño polo cole (pola planta baixa) para coñecelo mellor. Vimos a conserxería, a biblioteca, a aula de informática, a aula de música, o comedor-aula de psicomotricidade, e a clase dos nenos de 5 anos.

No paseo vimos que os nenos de 5 anos tiñan na porta a súa mascota: unha tartaruga. Nós non tiñamos ningunha e tamén queriamos ser a clase de "algo", pero de qué???
Empezamos a pensar e sairon moitas ideas que fumos apuntando no encerado: pinocho, xirafas, pantasmas, vermes, elefantes, tigres, leóns... Logo todos fumos votando e despois de varias rondas de eliminación e de algún que outro enfado (porque a democracia é durísima cando non sae o que queremos) decidimos que somos... A CLASE DAS FOCAS 
Tamén nestes días estamos coñecendo a novos profes: a Sabela coa que aprendemos inglés, a Pili coa que xogamos cun esquío que é moi xogueton, a Roberto co que fumos a xogar cun circuíto moi loco, e a profe Ana, que levou a algúns nenos a coñecer a clase de reli e Montse que axúdanos moitas veces na clase. A todos mandámoslles un biquiño e unha aperta forte.

8 comentarios:

José Carlos dijo...

Que cabeceira mais fermosa e orixinal, estou seguro que é única no mundo e eso ten moito valor. Dende a clase da ra do Ceip Ponte dos Brozos dámosvos a benvida ó universo bloguero. Sodes unha focas moi simpáticas e alegres

Anónimo dijo...

E dende o C.R.A Ponte da Pedra de Carballo: SIGUE ASÍ!!!: Muchos ánimos!!. n saúdo as foquiñas.María.

Anónimo dijo...

Esas foquiñas si que saben escribir. E escriben para todos, ata para os que imos "maiores". Precioso. Alégrome de que sigas igual.
Fernando

Anónimo dijo...

Pareceume orixinal e preciosa. Un bico moi forte e moito ánimo dende A Laracha.
Carmen Nemiña

Anónimo dijo...

Pois dende o CRA do Rosal, non imos ser menos, e tamén vos dicimos que tedes un blog moi chuli.
O noso é:
http://ratosdeescola.blogspot.com
Co teu permiso, copiamos a ideas das frases graciosas da clase.
Non te enfades, jeje!!!

Anónimo dijo...

Hola Ana: me alegro mucho de que sigas con el mismo ánimo y ganas de hacer las cosas bien, igual que hasta ahora.
Creo que la clase de las focas ha tenido mucha suerte contigo ¡disfrútalos!.
Enhorabuena por el nuevo blog que es precioso, y espero que lo disfrutes con los peques y sus papás.
Muchos besos. Ana.
Sigue con esa ánimo y ganas de hacer las cosas bien, co

Dulce Rodríguez dijo...

Hola Ana, son a nai de Pablo Zárate, e cada día gústame máis o blog, é divertido chegar ao traballo cada mañán e antes de comenzar ver á miña foquiña o ó resto na clase, en fin, e espero que ao meu peque non lle falte a "forza" co seu corte de pelo, jejeje. Un biquiño e seguide así.

Ana dijo...

Ola Dulce!!
O noso Pabliño non perdeu a forza co corte de pelo como Sansón, e menos mal... está activo e participativo coma sempre.
Moitas grazas por participar no blog!!
Biquiños