Unha vez que rematamos o periodo de adaptación e estivemos todos xuntos durante toda a mañá o primeiro que fixemos foi dar un paseiño polo cole (pola planta baixa) para coñecelo mellor. Vimos a conserxería, a biblioteca, a aula de informática, a aula de música, o comedor-aula de psicomotricidade, e a clase dos nenos de 5 anos.
No paseo vimos que os nenos de 5 anos tiñan na porta a súa mascota: unha tartaruga. Nós non tiñamos ningunha e tamén queriamos ser a clase de "algo", pero de qué???
Empezamos a pensar e sairon moitas ideas que fumos apuntando no encerado: pinocho, xirafas, pantasmas, vermes, elefantes, tigres, leóns... Logo todos fumos votando e despois de varias rondas de eliminación e de algún que outro enfado (porque a democracia é durísima cando non sae o que queremos) decidimos que somos... A CLASE DAS FOCAS
Tamén nestes días estamos coñecendo a novos profes: a Sabela coa que aprendemos inglés, a Pili coa que xogamos cun esquío que é moi xogueton, a Roberto co que fumos a xogar cun circuíto moi loco, e a profe Ana, que levou a algúns nenos a coñecer a clase de reli e Montse que axúdanos moitas veces na clase. A todos mandámoslles un biquiño e unha aperta forte.
8 comentarios:
Que cabeceira mais fermosa e orixinal, estou seguro que é única no mundo e eso ten moito valor. Dende a clase da ra do Ceip Ponte dos Brozos dámosvos a benvida ó universo bloguero. Sodes unha focas moi simpáticas e alegres
E dende o C.R.A Ponte da Pedra de Carballo: SIGUE ASÍ!!!: Muchos ánimos!!. n saúdo as foquiñas.María.
Esas foquiñas si que saben escribir. E escriben para todos, ata para os que imos "maiores". Precioso. Alégrome de que sigas igual.
Fernando
Pareceume orixinal e preciosa. Un bico moi forte e moito ánimo dende A Laracha.
Carmen Nemiña
Pois dende o CRA do Rosal, non imos ser menos, e tamén vos dicimos que tedes un blog moi chuli.
O noso é:
http://ratosdeescola.blogspot.com
Co teu permiso, copiamos a ideas das frases graciosas da clase.
Non te enfades, jeje!!!
Hola Ana: me alegro mucho de que sigas con el mismo ánimo y ganas de hacer las cosas bien, igual que hasta ahora.
Creo que la clase de las focas ha tenido mucha suerte contigo ¡disfrútalos!.
Enhorabuena por el nuevo blog que es precioso, y espero que lo disfrutes con los peques y sus papás.
Muchos besos. Ana.
Sigue con esa ánimo y ganas de hacer las cosas bien, co
Hola Ana, son a nai de Pablo Zárate, e cada día gústame máis o blog, é divertido chegar ao traballo cada mañán e antes de comenzar ver á miña foquiña o ó resto na clase, en fin, e espero que ao meu peque non lle falte a "forza" co seu corte de pelo, jejeje. Un biquiño e seguide así.
Ola Dulce!!
O noso Pabliño non perdeu a forza co corte de pelo como Sansón, e menos mal... está activo e participativo coma sempre.
Moitas grazas por participar no blog!!
Biquiños
Publicar un comentario