O venres o Couceiro encheuse de flores de todas as formas e cores para festexar entre todos a festa da primavera: Os Maios.
Este ano como veteranos, xa sabiamos moi ben de que ía iso de facer unha figuriña con flores, así que visitamos a aula de psicomotricidade (que parecía mesmo unha florería!!) e recordamos o nome das distintas flores, dos distintos verdes... e decidimos facer unha grinalda de margaridas e outra de ovos.
Na clase esmerámonos moito en que quedaran moi chulas e logo as levamos para que os familiares colaboradores axudaran a poñelas no noso Maio.
Queremos agradecer unha vez máis a colaboración de todos na recolleita de verde e flores e especialmente a axuda dos papás, mamás, avós... que traballaron connosco para que o noso maio quedara así de bonitiño, MOITÍSMAS GRAZAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario