Explicounos en que consiste o seu traballo, dietista-nutricionista, e que alimentos son máis importantes para que o noso corpo medre forte e san.
Entre todos fixemos unha pirámide alimentaria, na que estaban as hortalizas, legumes, carne, pescado, pan, pasta, cereais, pescado, arroz, agua... e ata doces!!
Algunhas ideas sobre a necesidade do corpo duns ou outros alimentos as tiñamos claras, pero agora temos que empezar a poñelas en práctica de maneira habitual para que a nosa alimentación sexa o máis completa e equilibrada.
Moitas grazas Alicia por compartir connosco este día de aprendizaxe!!!
1 comentario:
La teoría la están aprendiendo muy bien ahora la práctica cuesta un poquito más.
Publicar un comentario