FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 23 de enero de 2014

E ti, que comes?

Nestes días estamos empezando un pequeno proxecto relacionado cos bos hábitos alimenticios.
Parécenos un aspecto moi importante da vida dos nenos, que ás veces pásase un pouco por alto.

Esta vez, máis que nunca, a vosa colaboración é imprescindible. Dende a casa podedes traballar dun xeito máis directo os aspectos que nós tratamos na clase.

Así que nestes días falade cos nenos sobre o que ides comer, que tipo de alimento é, que axuden a preparalo, a mercalo, que o manipulen... sobre todo si é un alimento novo para eles ou un que normalmente rexeitan.
Na clase hoxe xurdíu unha proposta que vos pode axudar: traer (ou mandar ao correo) fotos probando unha comida nova, comendo un plato saudable, preparando unha receita sana... Tamén poden escribir e compartir con todos na clase a receita.
Desta maneira intentaremos que os pequechos mostren máis interese polo tema e valoren a importancia da boa alimentación.
Nós xa empezamos facendo unha táboa na que fomos apuntando o que almorzamos, parveamos, comimos, merendamos e ceamos nos tres primeros días desta semana. Botádelle unha ollada a ver que vos parece!!


Por outra banda, precisamos que cada neno traia ao cole un folleto de publicidade de algún súper xa que traballarán con eles a próxima semana.

E para ir animándovos aquí tedes un video que a profe Marga está a traballar:

2 comentarios:

Emma Carpente dijo...

Los alimentos son un tema muy importante de tratar para q nuestros peques aprendan todos los tipos alimentos q hay y sepan lo importante q es comer de forma variada y saludable. También nos viene bien a loa papis pq nos anima a hacer menús más variados.Una proyecto genial!!!

Iria Lamas dijo...

Me parece un tema genial tanto para los niños como para nosotros que a veces nos quedamos en un círculo de alimentos que les gustan y nos olvidamos de otros que ni siquiera prueban, a Claudia le cuesta mucho probar cosas nuevas pero intentaremos ir probando o x lo menos ponérselo delante cada día para que se vaya animando, seguro que salen cosas muy buenas de este trabajito :)