FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 17 de junio de 2013

Excursión á Casa do Queixo

O pasado martes todos os peques do Couceiro collimos as nosas mochilas e preparámonos para a nosa excursión de fin de curso á Casa do Queixo, en Sobrado.

Que ben o pasamos!!!
Fixemos moitas cousas durante toda a xornada:

  • Vimos e aprendimos moitas cousas dos animais da granxa: avestruz, cabras, ovellas, coellos, galiñas, cabalos, vacas...
  • Aprendimos a facer queixo, que logo papamos!! A algúns gustoulles moito e a outros non tanto... pero todos o fixeron con moito entusiasmo.
  • Fixemos o noso boliño de pan, que logo levamos para casa. Qué tal estaba??
  • Descobrimos o proceso da lá: dende que a collemos da ovella (que cheiraba algo noxenta...), unha vez limpa, cardada e fíada...
  • O pasamos fenomenal cun montón de xogos que prepararon para nós e que fixeronnos saltar e correr do lindo.
Xa vedes que non paramos nin un momento, pero tamén tivemos un ratiño para repoñer forzas coa rica comidiña que trouxemos da casa e tamén para xogar libremente no campo.


Pero, como cada ano, un dos grandes momentos é a viaxe no bus porque imos cantando e desfrutando da compañía e da paisaxe.
Con tanta actividade e emoción algúns estabamos algo cansos, así que a viaxe de volta foi algo máis tranquiliña...

En resumen, un día estupendo!! Non, sí??

1 comentario:

Iria Lamas dijo...

Pues si un día para recordar... se lo pasaron genial!! El pan estaba buenísimo aparentemente parecía una piedra pero al probrarlo aquí en casa no quedó ni una miguita jijiji la verdad es que hicieron un montón de cosas no me extraña que volvieran derrotados!!