Xa tiñamos falado na clase sobre o que era un libro, para que serven, como son, distintos tipos de libros... e tamén sobre o noso conto favorito.
Pero os compis de 4º, e 5º B de primaria representaron para todos un conto vivo: unha obra de teatro.
Os compañeiros de 5º B foron os encargados de abrir o telón coa obra "O espantallo que non quería ser espantallo" e os de 4º deronlle vida a "A verdadeira hostoria de Carapuchiña Vermella".
Todos o fixeron fenomenal, pero o verdade é que as Xirafiñas o pasaron pipa coa simpática obra de 4º.
Animádevos a pasar por Celecofre para desfrutar tamén vos das obras dos nosos artistas!!!
1 comentario:
Pues si que estuvo chula la obra de Carapuchiña...a Laura le encantó y además como actuaba el hermano eela toda orgullosa !!!
Publicar un comentario