FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

martes, 19 de marzo de 2013

Visitamos a Casa do Mel

Que contentos todos hoxe!!
Marchamos de excursión á Casa do Mel, en Goente, para seguir as nosas pesquisas sobre as abellas.

Xa ao chegar descubrimos que a porta de entrada era moi especial, porque estaba cheíña de celas hexagonais como as das colmeas.

Unha vez dentro explicáronnos cousiñas moi interesantes sobre estes insectiños e quedaron moi sorprendidos pola cantidade de coñecementos que manexan estes pequechos
Tamén vimos paneis explicativos e fixemos a nosa colmea para levar a clase
Algúns, porque algunha Xirafiña non estaba moi pola labor,  probamos mel de distintas colmeas que estaba boísima!!
Na sala principal había moitos tipos de colmeas diferentes e utensilios dos apicultores e ata puidemos ver unha colmea!!! Buscar a raiña foi un pouco máis dificil pero atopando o puntiño branco dimos con ela.

E por último fixemos unha vela traballando coa cera. Gustóunos un montón!!


O pasamos moi ben, verdade??

2 comentarios:

Iria Lamas dijo...

Pues si que se lo pasaron genial Claudia llegó contentísima con la vela y con la miel, jajaja me hace gracia la cara de felicidad de Claudia cuando le están echando la miel en el pan, es que le encanta! Nos contó muchas cosas un pájaro que se llama abejaruco, lo del puntito blanco de la abeja reina….

Mónica, mamá de Inés dijo...

Inés llegó contentísima, nos estuvo explicando los tipos de abejas que hay, y que estuvo probando varias mieles diferentes. Dijo que la oscura no estaba rica pero la clarita si. En fín están genial estas excursiones.