FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 4 de marzo de 2013

As abelliñas empezan a voar...

Seguro que xa chegou aos vosos oídos que estamos empezando un novo proxecto de investigación: As abellas.

Por iso pedimos a vosa colaboración para recoller distintos materiais ou obxectos que axuden a nosa investigación. Xa sabedes que calqueira cousa relacionado co tema pode axudarnos moito, e dar pé a novas actividades.

E para que vexades que nós xa estamos máns a obra, deixámosvos aquí as nosas primeiras ideas sobre o tema:
QUE SABEMOS?
Unai: fan mel
Claudia: pican
Laura: voan
Carlos: comen flores
Inés: zumban
Diego: collen o nectar das flores
Andrés: fan moito mel
Bruno: aletean
Claudia: viven en colmeas e traballan toda a primavera
Só en primavera??
Diego: no, todo o ano
Andrés: menos en inverno
Claudia: en primavera, verano e outono
Diego: no, eu vin unha en inverno
Claudia: teñen "panales"
Ana: se apoian nas flores
Claudia: recollen moitísimo nectar
Carlos: recollen mel
Varios: non, non a recollen, a fan.
E como? Maxia?
Andrés: si
Bryan: teñen unha varita?
Claudia: afilan o corno, e pinchan a xente
Bruno: pican aos "chicos" para que non lles roben o mel
Diego: "laian" moito porque pican
Candela: teñen  un pincho puntiagudo atrás
Para que serve?
Andrés: para picar á xente, e temos que quedarnos moi quietos para que non nos piquen
Candela: durmen nas flores
Andrés: en nas colmenas
Candela: son moi perigosas
Unai: son listas
De onde salen?
Candela: teñen oviños, os colocan nun sitio que chamanse "panales"

QUE QUEREMOS APRENDER?
Como fabrican o mel?
Como tiveron o pincho?
Para que pican?
Como afilan o pincho?
Que é o nectar?
Por que nunca se perden?
Van en grupo?
Onde viven?
Que comen?
De onde salen?

ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?
Ordenador
TV
Radio
Libros
Biblioteca
Fotos
Discos...

6 comentarios:

Emma Carpente dijo...

Qué simpáticos...pues nos pondremos a buscar información ya que aunque tienen bastantes ideas algunas n las tienen muy claras...pues...a investigar!!!

Iria Lamas dijo...

Por supuesto que ya llegó desde el primer día a nuestros oídos que había un nuevo proyecto y que había que buscar información de las abejitas jeje Me encanta leer los razonamientos de nuestros niños es que son geniales!! Intentaremos ayudar con lo que se nos ocurra…

Iria Lamas dijo...

Por cierto hoy por la tarde coincidieron unas cuantas jirafas en el parque y se dedicaron parte de la tarde a recoger flores, hojas… para “a investigación das abellas” jajaja que graciosos están muy implicados en el proyecto, buscaban polen, abejas…. Vamos que investigaron el jardín del parque de arriba abajo jeje

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Iria cando dis que se dedicaron a recoller flores para a investigación habería que incluír que era tal o afán en recollelas que case queda o Parque de Lombardero sen ese ben tan prezado, iso si, por investigar que non sexa.

Unknown dijo...

Ana se o consideras axeitado tentarei pasar por polo museo do mel en Portomouro e traereivos información para as vosas investigacións e traballos. Hai un par de anos que non vou, pero recoméndolles a visita a todo o mundo. Tentarei recuperar as fotografías que sacara por aquel entón, de tódolos xeitos deixovos ó enlace a súa web. Falamos.
Museo do mel