FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 8 de febrero de 2013

Aquí estamos todos os apicultores!!

E por fín chegou o día!!
Que guapos todos os apicultores e apicultoras! Menos mal que estes pequechos estaban moi ben preparados contra os picotazos das abelliñas, porque no cole tamén había unhas cantas...

E tamén tivemos moita sorte co tempo que deixounos sair polo pobo a lucir os nosos traxes ata a praza Real, e alí ensinar as nosas cantigas de Entroido. E ata voltamos con solete!!!

Que máis podemos pedir?? Pois terminar a festa cunha merendola, rica, rica, rica...e un pouco de xogo no patio dos maiores.


De novo, moitas grazas a todos pola vosa axuda e colaboración neste Entroido, e un agradecemento especial para as mamás que acompañáronnos disfrazadas!! O ano que ven animádevos tod@s!!

2 comentarios:

Unknown dijo...

Unha verdadeira mágoa que Inés non poidera participar por motivos que xa coñecedes, ainda que esperamos que desde casa vos chegasen os nosos ánimos e bos desexos para que todo saise ben. Xa nos comentou a nosa nai que desde a porta da farmacia viuse todo moi ben ainda que con grande esforzo por non derramar unha mágola ao ver que Inés non se atopaba no desfile. Noraboa e contamos desde xa os días que faltan para o desfile do próximo ano. Parabéns.

Ana dijo...

A verdade que non estabamos "Todos os apicultores"... Sólo na nosa clase xa tivemos 4 asusencias e botamos moito de menos as nosas Xirafiñas ausentes. Recuperaros prontiño e vémonos á volta!! Recordade que temos outra oportunidade de disfrazarnos o próximo xoves, no enterro do Entroido.
Moitos biquiños, Inesuca. E moitas grazas polos parabéns familia!