Por fin este venres as portas da biblio abrironse, con música de gran estreno incluída, para que puideramos desfrutar da súa nova cara, e que cara!!
Grazas ao artista local Ito o noso particular "Xardín do Pasatempo" loce máis xardín e máis bonita que nunca!!
Pero non foi a única sorpresa do día, porque para inaugurar a biblio por todo o alto tiñamos preprado un contacontos moi especial: o profe Julio e a súa escaleira!!
Cantamos unha canción e contounos un conto moi divertido, "A escaleira" que pronto estará listo para que levemos a casa...
Animámosvos a pasar polo cole a ver a nosa nova biblio e comprobar vos mesmos o chula que está!! (porque as fotos da profe non fan xustiza ao bonita que é...)
1 comentario:
A biblio quedou superchula,e según dixo Laura pasárono moi ben co conto das escaleiras !
Publicar un comentario