FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 5 de octubre de 2012

Castañas das nosas Fragas

Que xenial a nosa excursión de hoxe!!!
Un día fantástico, cun tempo fantástico e unha compañía fantástica!!


A metade da mañana subimos ao bus camiño ás Fragas do Eume para desfrutar dun ratiño en plena natureza .
Ao chegar tiñamos unhas mesiñas preparadas no Andarubel, listas para poder facer unha parva de luxo, grazas a mamá de Sabela.

Logo, coas pilas xa cargadas, baixamos a ver os castiñeiros preto do rio e a recoller unhas cantas castañas.
Observamos como son as follas dos castiñerios, os ourizos, como se agochan as castañas dentro...
Estivemos ocupados un bo rato, porque as xirafiñas somos moi traballadoras, e todo o que atopábamos era un gran tesouro: castañas, follas, ourizos, piñas, bechos...

Non tedes máis que ver as fotos para descobrir o ben que o pasamos, aínda que para moitos o mellor de todo foi a viaxe no bus!!


FragasCastañas12 - foto montaje

Que vos pareceu?

2 comentarios:

Iría Lamas dijo...

Que se lo pasaron de maravilla, salir a la naturaleza y poder tocar lo que ven en los libros y en los móviles ;)))) ... es la mejor experiencia ... se ve que disfrutaron y Claudia llegó encantada con sus castañitas , las fotos son muy chulas!!

Ilenia dijo...

Que fermosura! Un lugar "encantado" e uns rapaces motivados para apreciar as maravillas da natureza. Abondaba só con ver as súas caras de felicidade á volta. Envexa sana que nos destes aos máis pequerrechos e ás súas profes. Biquiños.