FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 30 de julio de 2012

Lista do material escolar para o curso 12/13

Aínda que non é o procedemento habitual, en vista da importante subida do IVE, o prezo do material escolar  vai pasar do 4 ou 8 ó 21%, os mestres estamos a preparar as listas de material que precisaremos para o curso que comeza en setembro.


  MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS


MATERIAL

1
lápis fino staedtler 2hb

1
BARRA  DE PEGAMENTO PRITT

1
PAQUETE DE 500 FOLIOS BRANCOS NAVIGATOR OFFICE PAPER

1
PAQUETE DE 100 FOLIOS DE CORES (tamaño DIN A4, 80grs)

1
CAIXA DE 12 ROTULADORES JOVI MAXI

1
CAIXA DE 24 CERAS FINAS PLASTIDECOR

1
METRO DE VELCRO ADHESIVO BLANCO (os dous lados)

1
METRO DE AIRONFIX (Grupo A : nenos cor verde, nenas cor vermello ; Grupo B : nenos cor azul, nenas  cor amarelo)

1
DVD

1
BOTELLÍN DE AUGA (levarano a casa todos os días)

1
MANDILÓN (con cinta de aprox. 5cm para poder colgalo na percha)

1
VISEIRA

1
BOLSA DE TEA PARA A  MERENDA ( con cinta de aprox. 5cm)










  
LIBROS EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)

Área
Titulo
Editorial
Proxecto
ISBN
Relixión Católica
Religión Católica  4 años
Everest
Abba Canto
978-84-441-7068-8
  • O material virá sen marcar excepto libros, viseira, mandilón, auga e bolsa da merenda.
  •  Lembrade traer a carpeta de cartón e o sobre de plástico se os tedes na casa (vale o do curso pasado).

Dado que algúns dos papás e as mamás non poden acceder a Internet ou se encontran de vacacións, pedímosvos que lle deades a máxima disfusión á lista para favorecer o aforro de todos. 


Se tedes algunha dúbida, escribídenos ao blog, correo ou ao Facebook e intentaremos solucionala.


Un saúdo a todos e seguide gozando das vacacións.

1 comentario:

Iria Lamas dijo...

Muchas gracias Ana! La verdad es que se agradece…, espero que tú también estés disfrutando un montón las vacaciones que cuando nos demos cuenta ya estamos en Septiembre, un saludiño y gracias