FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 13 de junio de 2012

Visitamos Marcelle!!

Onte todos os peques de Infantil fomos de excursión a Marcelle!!

Empezando pola viaxe no bus, cantando todas as cancións coñecidas, o parque, os animaliños, a comida todos xuntos... todo foi moi divertido!!

Ao chegar ao zoo recibiunos a nosa monitora, Antonia, e explicounos que seríamos o grupo dos capuchinos. Xirafas-capuchinos!!!

Empezamos con ela a visita e vimos dromedarios, lobos (cos que falamos!!), osos, indios, avestruces... Un montón de especies diferentes das que Antonia contounos moitas cousas moi interesantes.

Despois dunha mañá de moito movemento, e de non ter parada para o almorzo, cando chegou a hora da comida estabamos famélicos!!

E tras a comida os monitores fixeron un teatro de monicreques moi divertido!! Como podedes ver foi un día moi agotador, pero xenial!!


Marcelle12 - presentacion imagenes

Hoxe no cole fixemos un debuxo sobre a excursión, non vos perdades as creacións e a escritura que fixemos nos soíños!!

2 comentarios:

Iria Lamas dijo...

Muchas gracias Ana que fotos tan chulas se ve que se lo pasaron genial, Claudia contó un montón de cosas de los animales, del árbol de los deseos… se ve que lo dieron todo porque acabaron todos derrotados jaja que graciosos y qué posturas durmiendo!! Los dibujos son todos chulísimos cada uno tiene su encanto ¡son unos artistas!

Emma Carpente dijo...

Si la verdad es que se ve que disfrutaron muchísimo, a Laura le encantó ver tantos animalitos, y comer al aire libre con todos los compis. Las fotos del bus super graciosas, quedaron rendidos..ja ja ja