FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

domingo, 20 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012

O pasado venres no cole tivemos festa, festa e máis festa!!
Aproveitamos o día para celebrar as Letras Galegas e coñecer un pouco máis ao persoeiro homenaxeado este ano: Valentín Paz Andrade.
Os peques do cole fomos os encargados da decoración, e mirade que chulada de caricatura fixemos!!



Despois da presentación sobre a vida e obra do autor, realizada polos alumnos de 6º, celebramos a final do IV Concurso de Poesía Couceiro Freijomil.
Os pequechos de Infantil participamos cunha poesía colectiva chamada "Pontedeume".
Como o fixemos moi ben recibimos un premio colectivo: uns contos para as bibliotecas das aulas!!




Despois os finalistas de cada ciclo subiron ao escenario para ler as súas poesías e, con moita tensión, descobrimos ao gañador ou gañadora de cada categoria.
Parabéns a todos os participantes do concurso, en especial para os gañadores!!

Despois dun descansiño para merendar e xogar no patio, voltamos ao salón para alucinar coa maxia do Mago Fiz!!
Sacou bolas pola boca, fixo voar cartas, xogou con cordas que cambiaban de tamaño e cortábanse e uníanse soas, toleou aos nosos compis Brais e Carolina con panos que cambiaban de cor, e ata descubriu o segredo máis oculto do noso conserxe Diego... Non o contaremos aquí para respetar a súa intimidade, pero preguntarlle aos peques porque foi un momento de moitas risas!!

E cando pensabamos que a festa xa rematara subimos ao patio superior do cole para desfrutar da música coa que animáronnos o grupo Los Fenómenos!!! Baile, risas e xogos para despedir a festa das Letras Galegas ata o ano que ven.


Letras Galegas 2012 - diapositivas

Que contaron da festa?

No hay comentarios: