FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 12 de abril de 2012

Os vermes de seda

Hoxe tivemos "invitados" na nosa clase, uns invitados moi, moi pequerrechos: os vermes de seda.
A profe foi sinalándoos porque era moi dificil atopalos, había que ter moito "ollo piollo"!!
Tamén vimos os oviños de onde nacen estes vermes, algúns eran brancos, porque xa estaban baleiros, e os que aínda teñen o bechiño dentro son grises.
Agora sabemos que teñen que comer moitas follas de moreira para poñerse moi gordochos e dentro de moitos días faran un casulo, do que saíran convertidos en bolboretas. Aínda que xa vimos que non son como as da primavera, son un pouco feas!!



Así que xa sabedes, podedes traerlles follas de moreira para que os vermiños medren moito!!

4 comentarios:

Iria Lamas dijo...

¡¡¡Que interesante!! Cómo miran todos la cajita, Claudia nos recalcó en casa que iban a ser feos jajajaja tendremos que buscar algún árbol de morera.... Claudia dice que al lado de la piscina, no sé porque lo dice se la habrá dicho alguien? Tenemos que investigar a ver si encontramos las hojitas para esos gordochos

Ana dijo...

Si, se lo he dicho yo... Tuvimos que aclarar que los árboles de morera (o de lo que sea) no están dentro de las casas, porque todos decían que ellos no tenían hojas de morera en su casa!! jajaja
Les expliqué que los hay por los parques y jardines, por ejemplo al lado de las piscinas, que creo que hay un par de ellos.

Iria Lamas dijo...

Yo la verdad que no tenía ni idea de dónde encontrar las “follas de moreira” busqué en internet porque ni idea jeje y Claudia me insistía que estaban cerca de la piscina, nunca me fijé en ellas, en la foto parecen hojas de parra de uvas; bueno esto sirve para aprender también los papis y mamis, a ver si para un poquito de llover este finde y vamos en busca de hojitas, un saludiño.

E dijo...

Por fin nos enteramos cuales era las moreiras...pues si que aprendemos los papis!!! Pues a alimentar a los bichillos!