FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 9 de marzo de 2012

Visitamos o texo do paseo

Onte celebrouse o día da Muller traballadora.
Este ano, seguindo unha proposta do Concello, os centros de Pontedeume prepararon distintos traballos sobre diferentes mulleres galegas.
O noso cole preparou carteles sobre a escritora galega Emilia Pardo Bazán.
Investigando sobre ela descubrimos que era unha gran amiga de Pontedeume. Encantáballe vir a visitalo e desfrutar dalgúns dos lugares máis bonitos da vila. E un dos seus sitios preferidos onde sentarse a charlar con amigos, ler ou escribir era o texo do paseo.
Así que, aproveitando o fantástico día "casi-primaveral", e que tiñamos tan cerca o famoso lugar os nenos de infantil collimos as nosas mochilas e marchamos dispostos a pasar un bo rato.

De camiño tamén descobrimos outras mulleres moi, moi traballadoras: as mariscadoras!! Vimos como fan a súa dura labor e ata tiveron un ratiño para ensinarnos que era o que recollían con tanto esforzo: unhas ameixas ben grandotas!! Moitas grazas!!

Fomos uns campións e camiñamos todo o paseo sen ningún problema, aínda que algún xa tiña algo de fame!!
Ao chegar descubrimos o grande que era a árbore, aínda que estaba algo malito e tiña poucas follas...
Aínda que non foi a única árbore que vimos polo camiño, porque como o Inverno está a piques de marchar, descobrimos unha árbore que xa tiña listo o seu traxe de primaveira. Veredes que guapos estamos!!!

Despois, aproveitamos para facer un descansiño e coller forzas tomando a nosa merenda.
De volta ao cole paramos no parque para facer un recreo moi particular!!


visitaTexo - diapositivas Se queredes apagar a música, premede sobre o icono

O pasamos moi ben, verdade??

5 comentarios:

Iria Lamas dijo...

Se lo pasaron genial una bonita excusión, el día os acompañó y aunque llegaron agotados lo disfrutaron, las fotos están chulísimas.

Rocio dijo...

Que pena que no pudiera ir Antón, bueno espero que la siguiente no se la pierda. Una excursión muy chula.

Ana dijo...

Pues sí que fue una pena... pero ya tenemos la próxima excursión a la vuelta de la esquina!!

Emma Carpente dijo...

Laura lo pasó genial...llegó muy contenta a casa! a ver si puede ir a la del jueves porque aún está un poco pachuchiña!

Ana dijo...

Lauriña, a mejorarse para volver pronto al cole!! Muchos besiños curativos!!!