Ao principio estabamos algo perdidos, era un ovo, eso estaba claro, pero... Cun pouco de axuda decatámonos de que era máis grande que os ovos de galiña que temos na casa.
Cando a profe Ana explicounos que era un ovo de oca, tampouco estabamos moi seguros de como era unha oca... menos mal que agora temos o noso ordenador no que puidemos buscar toda a información que nos faltaba!!
Presentámosvos a oca; e as diferencias entre os tamaños dos distintos ovos.
Pero non foi o único que descobrimos. Os bebés nacen da barriga da mamá, como algún sabía por experiencia propia, pero as ocas?? Pois as ocas nacen dos seus oviños, sempre que a "mamá oca" os cuide e lles de calor. E como unha imaxe vale máis que todas as explicacións da profe...
Xa vedes, estamos sempre a aprender novas cousas!!
2 comentarios:
Que gracioso Ana, todo lo que se puede aprender de un simple huevo. Me ha gustado mucho tu manera de enfocarlo. Un besete wapa
Gracias Cati!! Ya ves, en nuestra clase todo nos vale para aprender!!
Publicar un comentario