FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

domingo, 11 de marzo de 2012

Pintamos o Inverno

O inverno está a piques de rematar e as Xirafiñas levamos uns días cun proxecto entre mans para despedilo ao grande: convertirnos en artistas!!
Primeiro vimos unha presentación con imaxes de paisaxes invernais acompañadas pola música do Inverno, de Vivaldi.
Gustounos tanto que o vimos varias veces e sempre descobriamos novos detalles.
Falamos do que vimos, do que máis nos gustara e das cores que máis aparecían en todas as imaxes, as cores frías. E acordamos que as cores que mellor representan o inverno para as Xirafas son o verde, o azul e o branco.
Así que con case todo listo, puxémonos mans a obra, á obra de arte neste caso!!
Coa música de Vivaldi como fondo e moita inspiración os artístas comezaron a crear. Fixádevos no inicio das creacións, porque pódense ver cousas moi diferentes ao resultado final.


Co traballo rematado pensamos como expoñen os artístas as súas obras de arte, con marcos adornandoos e cun título.
Presentamos os nosos cadros aos compis, explícando que foi o que pintamos e o nome que lle dabamos.
Pero o traballo aínda non estaba rematado... nós mesmos escribimos o nome do noso cadro no ordenador!!
Fixádevos que campións estamos feitos!!


En poucos días teremos lista a nosa primeira exposición!!!

3 comentarios:

Iria Lamas dijo...

Son unos ARTISTAZOS!! Cada uno con su estilo pero todos chulísimos! Se ve que trabajan con ganas y le ponen mucho interés; gracias Ana por compartir estos momentos!

Emma Carpente dijo...

Mucho aprendes nuestros peques con tantas actividades..y que bien lo pasan!

lidia barros dijo...

es una pasada como aprenden bryan xa escribe muchas letras m alegro mucho de q tengais este blog por que bryan nunca m cuenta nada de lo q hace en clase enhorabuena