A primeira que as Xirafiñas atopamos de camiño a biblio foi unha sobre a historia do libro, na que ademáis duns paneis explicativos, descobrimos uns artiluxios moi raros!!
Cun pouco de paciencia investigamos e aprendimos, atendendo as explicacións da profe, que eran todos eses aparatos que alí aparecían.
Unha máquina de escribir (que se usaba non fai tantos anos) que servía para escribir como facemos ahora no ordenador. Vimos como ao pulsar as teclas un ferro con letriñas moi pequenas levantábase para chocar contra o papel.
Tamén gustou moito a escritura en Braille, todos pasamos o dediño pola nosa inicial e alucinamos cando a profe ensinounos un libro cun montón de puntiños, co que as persoas cegas poden ler.
Na exposición tamén vimos debuxos rupestres en pedra; escrituras moi antigas e raras, como a cuniforme ou a fenicia; papiros, unha tablilla de cera sobre a que escribir....
Ainda non saíramos dunha e xa estabamos noutra, porque moi pretiño hai unha exposición sobre a vida no Sahara. O motivo deste achegamento a este mundo tan lonxano e o proxecto "Coñecernos para querernos" que dende as bibliotecas escolares do grupo Ferrolterra están a desenrolar a través do Bubisher.
Se queredes saber máis sobre este proxecto non deixedes de visitar Bibliocouceiro.
Nesta "jaima" descobrimos utensilios, roupa, adornos... que a xente do Sahara utiliza na súa vida diaria.
Tamén vimos distintas fotos nas que puidemos intuir como e o paisaxe, a xente, as casas deste lugar, que seguro que xa non soa tan lonxano.
Animádevos a visitar estas exposicións no centro e contarnos que vos pareceron!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario