FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!

domingo 18 de diciembre de 2011

Celebramos o centenario de Álvaro Cunqueiro

Este ano celébrase o centenario do nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxosenos traballar a figura deste autor mindoniense.
Os nenos de Infantil decidimos facer unha caricatura do escritor utilizando as pegadas dos nosos dediños. Cada clase fixo unha parte da caricatura e o resultado é estupendo, verdade?


Podedes ver o noso traballo e os do resto dos compañeiros do cole no taboleiro de lingua.