FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 28 de octubre de 2011

O noso 1º Samaín!!

O xoves no cole celebramos a festa do Samaín, unha festa terrorífica na que cada quen trouxo a súa cabaza decorada da casa e todas resultaron chulísimas!!

Despois de que cada quen ensináronnos a súa cabaza, as levamos ao corredor do cole para facer unha gran exposición con todas as creacións das familias de Infantil.

Tamén aproveitamos para desfrutar das cabazas dos maiores dando un paseiño polo corredor do piso de arriba, unha gran excursión!!



E para rematar a xornada, levamos para casa unhas caretas monstrosas que fixemos coa profe Marga en inglés!!!



Damos moito medo, verdade??
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración neste día tan especial.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Grazas a todo o profesorado pola ilusión que puxestes na celebración deste día tan especial, unha ilusión que soubestes contaxiar aos pequechos.
Coma pequena homenaxe a todo o voso traballo, deixovos unha serie de fotografías que son proba fehaciente de que facedes as cousas moi ben. Unha aperta, á vez que espero sexa do agrado de todo o profesorado
a seguinte reportaxe
donde trato de convidar a que pasen a ver nesta fin de semana o traballo en conxunto dos pequechos e do profesorado posto de manifesto na exposición de cabazas do Samaín ou Halloween no xardín do colexio.
Unha aperta e noraboa.

Iria Lamas dijo...

Los niños disfrutaron un montón y la verdad la decoración quedó chulísimal, igual que Carlos os doy la enhorabuena por la ilusión y el trabajo tan bien hecho. Muchas gracias porque esto de poder ver las fotitos en el blog es una maravilla y a eumés también gracias por ponernos al día en su página sos, entre profes y papis internautas…. Es genial!!