FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 22 de septiembre de 2011

Xa temos mascota!!

Levamos varios días adaptándonos a nosa nova rutina: o cole.
É un momento dificil, aínda para os nenos e nenas que veñen moi contentos ao cole, porque estamos nun espazo novo, con moi coñecido, con nenos e profes diferentes, con algunhas normas novas (pouquiñas aínda)... pero o estamos facendo moi ben, ou como algúns xa dín "a profe dí: fenomenal!!!"

Aproveitando que estamos a vir máis horiñas onte fumos de excursión a visitar ás outras aulas de infantil, coñecimos ás profes, atopamos amigos, e descobrimos que cada unha ten a súa mascota na porta.

Ao chegar a clase algús xa comentaban que nós "non eramos nada", non tiñamos unha mascota. Así que empezamos a pensar que podíamos ser: Mofetas, leóns, ourizos, lobos, elefantes... e tras unha reñida votación, na que aprendimos o dura que é a democracia, decidimos que a partires dese momento pasamos a ser a clase das XIRAFAS!!

E para que vexades que ben estámonos adaptando, unha imaxe vale máis que mil palabras, e neste caso moitas máis!!


4 comentarios:

Iria Lamas dijo...

Ana el blog está quedando genial!! me encantan las fotos y sobre todo ver lo felices que están nuestros peques!! me encanta ver cómo participan en el blog que nos deja mirar un poquito por esa ventanita a la que nos gustaría asomarnos muchas veces para ver cómo trabajan y se divierten nuestras Xirafiñas!!
Gracias

Ana dijo...

Moitas grazas a todos polos vosos comentarios, a principal misión deste blog é que todos podamos desfrutar das actividades destes pequechos nos seus primeiros pasiños no cole, e a vosa participación tamén é moi importante.
Moitas grazas de novo!!
Boa finde!!!

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Son unha xirafa, son unha xirafa dicía Inés ao chegar a casa, cousa que non entendín ata ver no ordenador que son un papá xirafa. Noraboa e moitas grazas por abrir esta fiestra para seguir aos nosos pequechos.