FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 26 de septiembre de 2011

Día triste para a educación pública

Hoxe este blog, ponse serio, ponse triste por ter que verse obrigado a facer esta entrada...

Nos últimos tempos os traballadores do ensino público estamos aparecendo nos medios de comunicación, con informacións tendenciosas e manipuladoras, que non fan máis que crear crispación e desprestixiar a nosa labor.
É enganoso informar sobre a xornada laboral do profesorado falando de horas lectivas: a ampliación destas de 21 a 25, significa que moitas actividades que se organizan nos colexios, tales como saídas didácticas, actividades de biblioteca, traballo por proxectos… etc, vanse ver reducidas, ou terán que manterse a conta da dedicación voluntaria do profesorado.
Con esta medida de aumento de horas lectivas hai unha clara intención de reducir a inversión na educación pública, mentres se mantén na privada e concertada. A política de aforrar diñeiro na escola pública provocará aulas con maior número de alumnos (xa hai centros con aulas con 28, 25+3 repetidores), falta de atención a nenos/as con necesidades educativas, peche de unidades rurais... mentres se está a inverter en Plurilingüismo e ABALAR sobre todo nos centros privados e concertados (o noso centro é dos poucos "afortunados").
Por estes motivos, POLA DEFENSA DA ESCOLA PÚBLICA, DE TOD@S,  PARA TOD@S, eu vou á folga convocada para mañá, 27 de setembro.

Dende o colectivo do profesorado non podemos máis que pedirvos a vosa comprensión e o voso apoio. Moitas grazas.

1 comentario:

Iria Lamas dijo...

Totalmente deacuerdo contigo, tenéis todo mi apoyo y comprensión, me parece que esto está tomando muy mal camino!!! Personalmente pienso que hay muchas más cosas que se pueden recortar (xej. Sueldos vitalicios de políticos…) antes que en educación, también me parece increíble que se estén subvencionando colegios privados y concertados en vez de invertir en los públicos…..
ESCUELA PÚBLICA DE TOD@S PARA TOD@S