FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 23 de junio de 2011

3 anos de lembranzas

Tres anos, tres cursos, moitos momentos de ledicia, de angustias, de enfandos, de traballo, de investigación, de xogo, de risas... Moitos intres que todas as Foquiñas gardaremos para nós, que agora tamén trataremos de compartir con vós.





E aquí tedes as miñas Foquiñas graduadas!!


Ata sempre Foquiñas!!

5 comentarios:

adahara dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
MARÍA dijo...

Ola! non se poden ver os vídeos, ponen que son privados. Hai que acceder cunha clave ou algo?
Aproveito xa para despedirme das foquiñas e desexarlles moi boa sorte na nova andaina como nenos maiores.
Ata sempre!!

Ana dijo...

Creo que xa está solucionado.. non?

Anónimo dijo...

Pola parte que me toca, quero darlle as grazas a todas as foquiñas polos grandes momentos vividos con eles o curso pasado, momentos que formarán parte, sen dúbida algunha, do meu diario de profe. E por suposto á "foquiña xefe", á profe Ana, da cal aprendín moitas das cousas que agora levo á práctica cos meus golfiños.
Noraboa foquiñas! E.... moita, moita sorte!!!!!
Biquiños da profe Nuria

Sandra dijo...

Ana, ya formas parte de la vida de todos nosotros, y para siempre. Cuando nuestros niños sean mayores, en algun momento, en alguna conversación de nostalgia de sus años escolares, volverás a estar presente, y creo que hemos tenido mucha suerte de que seas tú esa que los ha iniciado en el mundo del estudio,la que les ha enseñado a querer saber más a "investigar" como un juego. Algo de ti queda en nuestros niños, y te doy las gracias por ello.