Erin e Ana trouxeron uns animaliños mariños que foron moi ben acollidos e dos que aprendimos novas cousiñas do mar.
Tamén Victoria trouxo á clase un bechiño que a súa nai atopara, un griliño!! O observamos, vimos cantas patas ten, ten antenas, as ás teñen un circuliños...
Da clase das Gaivotas chegaron uns invitados moi pequeniños, e que ademáis van cambiando co paso do tempo... uns cágados!! Se vos fixades podedes comprobar que cada un deles está nun momento diferente da evolución ata convertese nunha fermosa rá.
E Candela, que levaba moitos días falando da súa "nova novidade" tiña moitas, moitas gañas de ensinarnos a Leo (antes coñecido como Orejas)así que o xoves o seu papá non veu só a buscala!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario