Pero fregar, lavar, varrer... é un traballo???
Todos tiñamos claro que sí, pero de que é o traballo?? De mamá, da avoa, as veces eu axudo un pouco...
Despois da charla decatámonos de que eses traballos da casa teñen que compartirse, e así todos temos máis tempo para xogar, ler un conto, ver os debuxos...
Para recordar o día decidimos facer un debuxo da "Muller traballadora da nosa vida". Mamás, tías, madriñas, avoas... todas estades retratadas no noso mural (non vos preocupedes se non fuchedes as elexidas do momento, a conversa guioulles na elección)
Os maiores do cole adicaronlles unhas cartas moi, moi bonitas, así que convidámosvos a vir a desfrutalo!!
Moitas felicidades a todas as mulleres!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario