FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 11 de febrero de 2011

O día da Paz 2011

O día 30 de xaneiro celebrase o día da Paz, e nós tamén o celebramos no noso centro, eso sí cando o tempo o permitiu.

Todos os nenos do cole estabamos moi ilusionados coa celebración porque levabamos varias semanas preparandonos para ese día. Cos nenos maiores e a profe Lara ensaiamos a canción e o baile "Amiguiños todos", e tamén fixemos algúns traballos nas clases.

O corredor de Infantil e o corredor principal enchéronse de macaquiños dos alumnos do cole, que uníanse para todos xuntos vivir con amor e paz.



Tamén aproveitamos o día para achegarnos de novo a arte a través do cadro de Pablo Picasso "El niño con el pichón". Observámolo, falamos sobre el, que era?, quen era?, que lle pasaba?... todos estabamos de acordo en que era unha nena cunha pomba da Paz.
Logo falamos sobre como podíamos titular ao cadro e comparámolo co titulo que lle deu o autor.
Como nós tamén somos uns artistas fixemos as nosas propias obras de arte, que están fantásticas!!!



Para o día da celebración no patio do cole ir todos ben guapos, coas profes Vero e Pilar fixemos uns broches moi chulos.
E tamén tivemos que rechear con "plumas" o noso anaquiño da Pomba da Paz, que este ano converteuse nun quebracabezas para completar todos os nenos do cole xuntos. O anaquiño de Infantil quedou precioso cheíño de pequenas plumiñas feitas coa silueta das mans dos pequechos.
Os encargados de levar a nosa peza do puzle e axudar a completar a pomba foron a peixiña Nerea e a foquiña Pablo G., por ser o maior e a pequena do corredor.


O baile saíunos moi ben, non si??

1 comentario:

Luciano dijo...

Moi ben esta actividade sobre a paz.

Nunca está de máis, e con maior motivo nos tempos que corren, educar en valores de paz e amizade.