Este ano a tradición cambiámola un pouquiño e xa non facemos nós a torta se non que son as familias dos protagonistas do día as encargadas de adozar o día!!
O que non cambiamos e a coroa dos cumples coa que tanto desfrutamos en que transformanos nos reis e raiñas da festa.
A torta estaba boísima, moitos nenos e nenas repetimos e ata tivemos que compartir a bocadiños o último anaquiño que quedaba...
Como unha imaxe vale máis que mil palabras deixámosvos unhas cuantas para que poidades compartir connosco este día tan especial!!!
Parabéns Carlos, Pablo, Xabi, Ana e Iker!!! E moitas grazas as familias pola axuda!!!
1 comentario:
Felicidades a todos e todas, Pablete estaba pletórico...pasouno moi ben, e gustoulle moitísimo a tarta de Rosi...
Publicar un comentario