FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 4 de octubre de 2010

Noticia: abrimos a piscina do Couceiro

Despois do tempo deste fin de semana hoxe no Couceiro abrimos a piscina do patio!!!
Como sobranos espazo podemos dispoñer dun recuncho para as "actividades acuáticas"!!!



Unha solución xa!! Ou traeremos o bañador ao cole....

5 comentarios:

Saleta dijo...

Ola Ana! Non sabía eu que tiñades piscina no cole...jejeje En fin... Que tal vai todo? Espero que moi ben. Este ano a ver se podemos facer algunha cousiña entre os dous coles, que che parece? Un bicazo e segue en pé o café!!

Ana dijo...

Xa ves... temos instalacións ben completas!!! jajaja
Pois si, pareceme estupendo!!!
Xa comentou Marga que vas vir un martes ata cole, esperámoste cos brazos abertos!!
Biquiños!!

Sandra dijo...

Victoria ya nos había comentado algo, pero lo cierto es que una imagen vale más que mil palabras. Justamente el domingo estábamos comentando en casa que menos mal que arreglaron la canalización del agua y ya no se inunda el cole...si es que cuando no es una cosa es otra. Para cuando la próxima manifestación? está visto que es la única manera de que nos hagan caso. Paciencia y saludos.

Dulce Rodríguez dijo...

Por favor, qué colegio tan equipado, piscina y todo...lástima que no sea cubierta...es de vergüenza!!! En fin, algo tendremos que hacer...

Unknown dijo...

Espero esta pequeña aportación os sea de ayuda y que se logre subsanar todas estas deficiencias.
Podéis contar siempre que queráis con la ayuda de este blog para difundir estas u otras deficiencias o molestias que tengáis en vuestro trabajo diario, a la vez que espero sea de vuestro agrado la publicación de este
artículo
.
Un saludo.