FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 20 de octubre de 2010

1ª saída do curso: imos ver o millo.

Hoxe os nenos de 4 e 5 anos fixemos unha saída para investigar máis sobre un froito de outono que xa viramos no cole: o millo.
Para iso tivemos a colaboración da familia da Gaivota Sabela que invitounos a súa casa para que puideramos ver de primeira man como é o proceso.
Primeiro fumos a ver as prantas do millo e puidemos coller unhas cantas espigas. A actividade gustou tanto que moitos nenos e nenas repetiron a experiencia unha e outra vez.
Pero aínda non podiamos ver os grans do millo así que tivemos que esfollar ata atopar os grans.
A profe Dámaris e o bisavó de Sabela explicáronnos que para poder usar os grans do millo había que secalos, meténdoos no horreo e cando están secos debullalos. Antes facíase a man pero agora hai unha máquina que o fai por nós e axuda moito no traballo.
Cando xa temos os grans podemos facer fariña con eles, para iso usamos o muíño.
Tamén contáronnos que do millo aproveitábase todo, todo e todo! As follas servían para facer xergóns ou para botar nas cortes dos animais e logo facer estercol.
Cos grans tamén podemos alimentar aos animais, o coello, galos e galiñas que tamén vimos. E co carozo que queda tras debullar podese encender o lume.

E despois de tanto coñecemento que pensades que fixemos??? Papar, como en todas as festas!! Papamos flocos de millo que encántannos!!!

Pero non só vimos millo nesta excursión, tamén kiwis, cabazas, pinos e piñas, castiñeiros con ourizos e castañas, carballos con landras...

Xa vedes que foi moi completa, pero agora deberes para a casa: que alimentos están feitos co millo ou fariña de millo? (podedes traer imaxes das revistas do súper)



Moitísimas grazas a familia de Sabela pola súa amabilidade e paciencia!!

2 comentarios:

Sandra dijo...

Estupenda iniciativa. Sencilla y cercana, gracias a la familia de Sabela. A victoria le encantó, cuando llegó a casa me preguntaba si yo conocía es "estriecol".

Dulce Rodríguez dijo...

Una salida estupenda, Pablo lo pasó genial, sobretodo cuando le dieron "palomitas"...