Aproveitamos as botellas de plástico que utilizamos no festival do Nadal para facer unhas fermosas e coloridas flores.
Primeiro as pintamos con pinceis e témperas e cando estiveron listas as decoramos con gomets, boliñas de papel de seda e macarróns. Cada quen o fixo como máis lle gustou e todas quedaron chulísimas!! Con elas decoramos o corredor e a árbore da clase, mirade que bonito!!

E que animaliño vai zumbando cara as flores? As abellas!! Mirade que simpáticas quedáronnos...
Ademáis entre todos os nenos de infantil fixemos un mural primaveral seguindo unha técnica de Gianni Rodari que mestura os debuxos e a lecto-escritura: os caligramas!! A nós tocounos facer o solete e gustounos moito facelo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario