FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 11 de marzo de 2010

Exposición de cadros Picassianos

Nesta semana presentamos na clase o cadro: "Madre y niños jugando" de Pablo Picasso.

Despois de observalo durante un rato e falar sobre o que podía ser o cadro, que historia podía estar a contar Picasso cos seus debuxos, decatarnos de que estaba feito con moitas formas... Decidimos que nós tamén eramos uns grandes artistas e que tamén queriamos facer obras "picassianas".
A profe deixounos usar todo o material que necesitaramos: rotus, formas, pinturas, anaquiños de papel... para realizar as nosas creacións.
Cando as obras estiveron listas cada que contou a historia que explicaba o seu cadro e o título que levaba.
Tanto arte non podía quedar agochada así que pensamos que podiamos ensinarllos á todo o mundo nunha exposición.
Tivemos que organizala ben para que a xente soupera onde estaba, que podía vir a desfrutala, as normas para acudir á exposición...Así que fixemos uns carteis e os colocamos polo cole.

Animámosvos a vir a vela e dexar as vosas impresións!!! Polo momento os artistas conformánse cos eloxios como pago pola visita...

3 comentarios:

Unknown dijo...

Claro que pasaremoa a vela.Polo que podemos ver, pensamos que merecerá a pena perder uns minutos observando as obras de estos "tremendos artistas".
Un saudiño de JUAN Y CLARA

Dulce Rodríguez dijo...

Que artistas, y Pablo claro, con su barco pirata...espero tener un hueco para pasarme a verla. Un saudiño.

Dulce Rodríguez dijo...

Buenos días, ya pude pasarme a admirar la exposición y son unos "cuadros picassianos fantásticos", todos están geniales. Enhorabuena!!!