Ao chegar quedamos moi sorprendidos porque había un montón de xornais polo chan da clase: quen os deixou ahí?; profe, non os recollimos!!, foi a señora da limpeza??, non, é para pintar con pinturas??
Despois de moitas dúbidas e posibilidades a profe explicou que era a semana da prensa e que iamos a traballar con todos eses xornais.
Estabamos moi contentos e emocionados e puxémonos mans á obra. O primeiro que fixemos foi botarlles unha ollada, analizando cada parte, que cousas aparecían nel, identificando os titulares, as fotos, as noticias, e algún ata identificou o nome do periodista que redactara a noticia.

Despois despregamos todas as follas polo chan para poder atopar nelas as letras do noso nome e pegalas no folio.
E como o traballo foi duro tivemos unha recompensa moi moi divertida, tivemos un rato para xogar cos xornais como quixemos!!!

Pero o traballo non estaba rematado porque non seriamos uns verdadeiros xornalistas se non escribiramos a nosa propia noticia. Así que eleximos unha imaxe e a pegamos no noso folio e escribimos o titular e a noticia.
Somos uns grandes reporteiros e como vedes podemos traballar con todos os materiais que temos a man!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario