O primero que notamos foi que pouco a pouco a decoración do noso corredor foi cambiado e encheuse de follas, mazás, millo, cabazas, setas, castañas... un montón de froitos da estación que xa fumos coñecendo.
Tamén durante estes días aprendemos poesías, adiviñas e refráns sobre o outono, moitos grazas ao libro viaxeiro que vai polas nosas casas.
E onte como colofón a tanto estudo sobre a estación fixemos unha ficha de moito traballo e de mancharse moito que é o que máis nos gusta!! Primeiro tiñamos que colorear as letras de OUTONO e as follas facendo unha serie de 3 colores!! E sen equivocarnos!!!
Como o fixemos moi ben logo tocou pringarse para facer unha árbore con moitas folliñas caendo. Decidimos que as follas serían amarelas, vermellas e laranxas, e como a profe non tiña laranxa tivemos que facer máxia para conseguilo!! Vós sabedes como??
Para pintar o tronco e as ramas usamos o pincel e para as follas bastonciños de limpar os oídos.
Para pintar o tronco e as ramas usamos o pincel e para as follas bastonciños de limpar os oídos.
1 comentario:
Pablo, que no suele contar muchas cosas del cole (menos mal que está este fantástico blog) no ha parado de hablar del otoño, está entusiasmado, pero el quiere que llegue el invierno (quizás por Papá Noel...????).
Publicar un comentario