FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 1 de octubre de 2009

Feliz cumple rapaces!!!

Chega o fin de mes e chega tamén a primeira celebración dos aniversarios deste novo curso.
Durante o mes de setembro Iker Prado e Ana cumpriron 4 aniños, pero non foron os únicos protagonistas do día porque en agosto Pablo, Carlos e Xabi xa os cumpliran, así que tivemos unha festa multitudinaria!!!
Fixemos a torta do cumple, coa xa coñecida receita, e esta vez o deseño elexido foi a A.
Non resultou unha votación sinxela, porque cada quen tiña a súa preferencia, pero seguro que noutras ocasións repasaremos máis letras do alfabeto!!
E para celebralo baile, baile e máis baile!!!

5 comentarios:

Sandra dijo...

Feliz cumple a todos, los de septiembre y los que cumplisteis en verano, incluida la profe Ana.Felicidades a todas las foquiñas.

Ana dijo...

Moitas grazas polas felicitacións!!!

Dulce Rodríguez dijo...

Felicidades a todos, incluída la profe!!!! Pablo llegó con la barriga "gorda" como dice él, y se lo pasó fenomenal. Bicos.

Sandra dijo...

Quisiera aprovechar este espacio para enviaros a todo el personal del colegio , y en especial al de infantil, que, por que se ve sois de los mas afectados, todo mi apoyo por la situación que está viviendo el colegio con las deficiencias que presenta. Una lástima esta situación. Contar siempre con el apoyo de los papis, porque nuestros peques y su seguridad son lo más importante. Ánimo. Sandra

Ana dijo...

Felicidades a todas as foquiñas! Encántame a vosa idea para celebrar os aniversarios. Seguramente os meus peixiños fagamos algo parecido. Moitas grazas pola idea.

Un saúdo!

http://onosoacuario.blogspot.com/