FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

martes, 20 de octubre de 2009

Coa auga a voltas!!!

Como todos sabedes hoxe tivemos que suspender as clases dos nenos e nenas de EI por motivo da inundación de augas fecais que afectou a boa parte do noso "novo centro".
Ademáis, outro problema que engádese a auga e o olor, que fai imposible poder estar na zona.



Con estas fotos podedes facervos unha idea do problema, aínda que non podedes facervos idea do peor... o olor!!! Podedes atopar máis información na páxina do cole ou acudindo as oficinas da ANPA (e moi importante a unión dos pais nestes casos, para solucionar dunha vez estes problemas).
Tamén deixovos os enlaces sobre unhas noticias da prensa de hoxe, do pasado sábado e unha na TV nas que o noso cole é o protagonista.

¿Mañá poderemos pasar as nosas aulas??? Levaremos flotador e mascarillas...

3 comentarios:

Mary Carmen dijo...

Pena y vergüenza.Es lo que siento al ver estas fotos.Me parece surrealista que un colegio recién estrenado tenga una inundación de aguas fecales.
Increíble pero cierto.
Espero que este problema se solucione pronto.
Un saludo.

Sandra dijo...

Totalmente de acuerdo con lo que dice mary carmen. Es una lástima que los responsables de hacer un colegio tengan otras prioridades que no sea el bienestar de los niños que van a utilizarlo. Y es que siempre les toca a los más peques sufrir las incompetencias de unos profesionales, y tengo la sensación de que por más que esto se viene denunciando desde hace tiempo, a los responsables de solucionar el problema poco interés le están poniendo. Van dos y llevamos mes y medio de clases, el invierno que nos espera....Todo mi apoyo a los verdaderos profesionales que sé que están luchando por el bienestar de nuestros peques: el equipo de profes y anpa.

Dulce Rodríguez dijo...

Totalmente de acuerdo con Mary Carmen y con Sandra, es una situación tan vergonzosa que no tengo palabras para decir todo lo que pienso, espero que la educación de los niños sea la prioridad, y a las autoridades pertinentes: empiecen a trabajar, que va siendo hora. En fin, lo dicho, me averguenza realmente que en pleno siglo 21 pasen estas cosas.