FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 8 de octubre de 2009

As visitas das foquiñas

Aproveitando o conto que María contou na clase o pasado xoves, "Un rato na casa", Candela trouxo ao cole a primeira visita destes días: o hamster Caramelo.
Foi toda unha sorpresa e a todos encantounos poder pasar un día co animaliño, sobre todo a Candela que aproveitou para contarnos un montón de curiosidades sobre Caramelo.



O luns Alexia encargouse de traer con ela a segunda das visitas: os seus peixes Tristón e Tristin.
Tamén contounos moitas cousas sobre eles e respondeu a todas as nosas preguntas sobre eles.



A Victoria tamén apeteceulle traer visita á nosa clase e o caracol Gary compartiu a xornada connosco. O día seguinte aínda tivo máis compañía cos caracois que atoparon Juan e Clara.


Ana quixo ensinarnos ao seu gatiño, que despertou moitas moitas dúbidas e curiosidade!!



Pero sen dúbida a máis sorprendente das visitas chegou ela soíña o mércores ao final da mañana. A acollida foi espectacular!! Claudia, a irmán de Paula, xa parecía unha foquiña máis!!!


1 comentario:

Sandra dijo...

¡¡Qué grupo!! Cómo se desenvuelven ya. Por cierto, como sigais así podiais formar un zoo. Lo cierto es que yo estaba preocupada por Gary, porque no lo traía de vuelta y hoy me dijo que estaba fantástico porque ahora tenía dos amigos más que llevaron juan y clara. ¡Qué sencillo es tener una mascota! ah! y a Claudia el año que viene van a tener que ponerla con las foquiñas directamente porque si que es cierto que se nota que la quieren un montón. Si a veces son unos angelotes ....