FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 12 de junio de 2009

Imos de excusión: Marcelle

Como todos sabedes, o martes 9, (o esperadísimo martes 9!!!!) moitos nenos do cole fumos de excursión a Marcelle.
Moitos nervios, moito movemento... e por fín saíamos!!!

No "altobus" fumos cos Cabaliños e as Tartarugas e desfrutamos dos grandes éxitos musicais do curso entonados con moito ritmo!!! Aínda que algún optou por ir descansando para coller forzas.



Ao chegar os monitores dividíronnos en varios grupos: emues, renos, mapaches... e os profes eramos os "guisontes".


Durante todo o día desfrutamos moito do parque, vendo un montón de animais e aprendendo cousas novas.



Ao mediodía tocou repoñer forzas e paramos a comer. Foi moi divertido porque comimos todos xuntos e no medio do campo!! Algúns comimos máis que outros, pero estabamos de excursión!!



Logo tocaba a volta a Pontedeume, que foi moito menos movida que a ida. Por qué sería??



O pasamos moi ben, verdade?? 
O mércores falamos do que máis gustounos en Marcelle e tivemos opinións para todos os gustos: a serpe, as iguanas, as cabras, os ananitos... 

4 comentarios:

Sandra dijo...

tANTO QUISO EXPLICAR VICTORIA QUE, AL MENOS YO, NO ME ENTERÉ DE NADA. Se lo pasó genial , mereció la pena que no se la perdiera, aunque llegara a casa con la batería totalmente descargada.Pero para los papis fue un día muy extraño sin ellos. Nos tendremos que ir acostumbrando.

quintob dijo...

Precioso reportaxe do día de Marcelle.
Noraboa polo voso traballo que é fantástico.
Bicos

Patri dijo...

Lo pasamos muy bien y los animales eran preciosos.

Chao.

Patri

luisa dijo...

Ola,
Ana o pasou moi ben, estaba esperta cando cheguei a casa de traballar e me contou que o que mais lle gostara fora o cocodrilo, cousa que nos sorprendeu moito... esperabamos que serian os "bambis".
O sitio nos pareceu precioso e imos a repetir con ela nas vacacions