FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 29 de abril de 2009

Os Cumples de Abril

Hoxe, por estar a piques de rematar o mes de Abril, celebramos o cumple de Victoria e de Juan. O primeiro foi facer as súas coroas de cumple e logo entre todos fixemos a tarta. Este mes seguimos tamén a nosa xa famosísima receita de sobaos e crema de cacao; pero non dabamos atopado a forma que darlle a tarta: Saturno, A Terra, unha estrela... todo resultaba algo complicado. Ao final entre todos decidimos que o que máis bonito quedaba era o Sol. Como vedes o proxecto do Universo está presente en todo o que facemos.
Logo tivemos un ratiño para bailar e celebrar no cole o festa dos nosos compis. 
Moitas felicidades foquiñas!!!  (Máis fotos no álbum dos cumples)

6 comentarios:

MARÍA dijo...

Moitas felicidades a Victoria e Juan. A tarta quedou chulísima!

Mary Carmen dijo...

Felicidades a Victoria e Juan
Un bico

Anónimo dijo...

Tienes razón Ana que vuestra tarta es un éxito, porque hace una semana Victoria hizo de cocinera y compartio la receta con sus primas para hacer una merendola, alli también triunfó. Felicidades a Juan y por supuesto a mi princesita.

Luciano dijo...

Paula envíalle moitas felicidades a Victoria e Juan.

Esta semana non puido ir ao cole porque estivo con moita febre na cama e tivemos que levala ao hospital.

Envíavos un bico a todas/os e desexando volver.

Ana dijo...

Nós tamén mandámoslles a Pablo e a Paula un bico moi gordo e esperamos que volvan pronto á cole!! Mellorádevos chicos!!

quintob dijo...

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Victoria y Juan felicidades!!!!!!!!!!!!!!!!



patricia