FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

domingo, 22 de marzo de 2009

Vemos, oímos, saboreamos... sentimos

Durante estes días estivemos traballando coa profe Elena os sentidos. Ela falounos de que podemos coñecer todo o que nos rodea a través dos sentidos, podemos ver, ulir, oír...
Fixemos moitas actividades relacionadas cos sentidos, pero a que máis desfrutamos foi na que descobrimos os diferentes sabores.
A profe trouxo un montón de cousas para que probaramos e saborearamos, diferenciando os sabores. Probamos un limón (ácido), un pomelo (amargo), unhas galletas saladas e unhas dulces.
As nosas caras o din todo, pero aínda así moitos comimos todo, todo e incluso quixemos repetir!!



Logo aproveitamos para facer unha riquisima macedonia na que probamos moitas froitas: melocotón, piña, pera, mazá, e fresas, e todas bañadas co riquisimo almibar!!!



Con máis ou menos axuda todos merendamos a nosa macedonia (por eso non tomamos a merenda que trouxemos da casa) e moitos repetimos porque estaba moi moi rica, de feito non deixamos nada de nada!! A algúns custanos un pouquiño probar cousas novas pero con un pouco de axuda das profes, arriscamos e probamos sabores novos que ao final gustáronnos!!

3 comentarios:

sandra dijo...

Cada día "flipo" más con esta nueva generación. Ayer, cuando estaba secando a Victoria del baño me dijo: "el olfato nos permite oler", así, tal cual y sin venir a cuento. Si os parece que no os hacen caso, pues no, se quedan con todo.Aunque yo tengo muy claro que en esto de los sentidos Victoria prefiere la teoría a la práctica.

Ana dijo...

Que buena noticia!! Nos escuchan!! A Elena seguro que le gustará mucho saberlo porque fue trabajo suyo el tema de los sentidos y estaba algo preocupada por si no habían entendido nada!! Muchas gracias por contarnolo!!
Buen finde!

Anónimo dijo...

[url=http://www.ganar-dinero-ya.com][img]http://www.ganar-dinero-ya.com/ganardinero.jpg[/img][/url]
[b]Toda la informacion que buscas sobre ganar dinero[/b]
Nosotros hemos hallado la mejor guia en internet de como trabajo casa. Como nos ha sido de utilidad a nosotros, tambien les puede ser de interes para ustedes. No son solo formas de ganar dinero con su pagina web, hay todo tipo de metodos para ganar dinero en internet...
[b][url=http://www.ganar-dinero-ya.com][img]http://www.ganar-dinero-ya.com/dinero.jpg[/img][/url]Te recomendamos entrar a [url=http://www.ganar-dinero-ya.com/]Ganar-dinero-ya.com[/url][url=http://www.ganar-dinero-ya.com][img]http://www.ganar-dinero-ya.com/dinero.jpg[/img][/url][/b]