FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 4 de marzo de 2009

O cumple de Alex

Aínda que algo tarde, por mor das festas do Entroido, hoxe tocounos celebrar o cumple do noso compi Alex.
Xa sabedes que sempre preparamos unha torta de cumple pero neste caso cambiamos a receita da nosa xa tradicional torta. Para a ocasión preparamos unha cunha base de galletas machacadas e crema de limón. 
Así que aproveitamos para probar, ulir e tocar os distintos ingredientes (sobre todo algo de aspecto coñecido pero de sabor moi dulce: a leite condensada!!)
A verdade é que saiu moi rica, somos uns grandes reposteiros!!!



Hoxe coa torta de cumple xa lista e fresquiña celebramos por todo o alto a festa de Alex que xa ten dende hai uns días 4 aniños!! Felicidades campión!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Victoria nos dijo que había comido una tarta distinta, galletas con zumo de limón. Yo le dije que eso me parecía muy raro y no le creimos. Ahora ya entiendo la receta y no volveremos a dudar de su palabra.

luisa dijo...

Que boa idea facer unha tarta diferente. Asi van conecendo diferentes ingredientes e acostumandose a novos sabores. A Ana a tarta chegaballe as orellas, asi que debia de estar riquisima.

Anónimo dijo...

Navegando por youtube, encontré casualmente un video chulisimo del antroido de este año en el couceiro, os lo recomiendo porque yo no podia parar de reirme, se lo pasaron genial, la banda sonora es para hacer un cd. No se si estará colgado en otra parte pero en youtube se ve genial. Sandra