FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 25 de marzo de 2009

Contos con mimo e pantasmas!!

Hoxe Sandra, a mamá de Victoria, veu a contarnos un novo conto: "Olivia y el fantasma", de Elvira Lindo.
Victoria estaba moi emocionada e parecialle non chegar a hora!!
Coma sempre foi un momento moi especial, porque encántanos que veñan a contarnos contos e participar nalgunha das nosas actividades.
Aproveitamos os medos de Olivia para falar un pouquiño das nosas rutinas á hora de irnos a cama e dos nosos medos nocturnos; e quedou bastante claro que as pantasmas e monstros só existen nos contos.



Ata a próxima Sandra!!

9 comentarios:

Rosa Bedoya dijo...

Candela está un pouquiño enferma e vos vota moito de menos.
Onte puxenlle a canción dos planetas e serviu para que se animara un pouco.
Mandavos a todos e todas moitos bicos.

Ana dijo...

Nós tamén a botamos moito de menos!! Esperamos que se recupere pronto e a ver se pode vir á excursión ao Planetario o venres. Moitos biquiños de todas as foquiñas e a poñerse boa!!

Anónimo dijo...

Antes que nada saludos para Candela para que se recupere pronto, Victoria siempre juega con ella a la salida de clase y ahora esta un poco chafada. Luego queria darles las gracias a nuestros peques por la acogida de ayer, da gusto ver como siendo alguien "desconocido" y mayor lo hacen suyo, uno mas de su mundo. Me hicieron sentir muy cómoda y espero que les gustara. Me encantan estas iniciativas papás-niños- profes en el cole porque la educación de ellos es cosa de todos , merece la pena parar un día nuestro trabajo para esto, yo al menos me sentí muy recompensada. Gracias focas. Sandra.

Bea dijo...

Hola Anita!!! qué tal?? pásate por mi blog a recoger un premio, vestida de fiesta, claro, que es la antesala de los Óscar (como se suele decir). besos y saludos a todas las foquitas del cole.
chaooooo

Anónimo dijo...

Hola Foquiñas!!!! , son Iker Llamas, fai moitos dias que non vou a clase "é que estou pachucho" teño moitas ganas de vervos para poder xogar con todos vós. mándovos un besote moi grande.
bótovos moito de menos a todas e todos ¡pronto estare no cole!

Ana dijo...

Hola Iker!! Nós botámos moito de menos as nosas foquiñas pachuchas (Iker, Candela e Rocío) sobre todo Gabi que estes días está soliño na mesa!!!
Intentei localizarvos antes para ver que tal estabas e contarvos que mañana imos a Coruña ao Planetario, por si xa estabas algo mellor e podías vir...
De todolos xeitos recupérate pronto para voltar a clase con todos. Moitos bicos!!!

Anónimo dijo...

Gracias Ana por la nueva sección de música. Ahora no salimos de aquí escuchando el tenia tanto..yo os doy una dirección de otro tema que causa furor en casa y que hemos bailado todos (hasta los abuelos) :http://www.youtube.com/watch?v=4fcco4xqA8k. Es video de " soy una taza". Espero que os guste.

Saleta dijo...

Hola Ana. Enhorabuena por las cosas tan bonitas que haces con tus peques. Pásate por mi blog cuando puedas que tienes un regalito para ti y tu clase en el post del 28 de marzo! Bicos y hasta pronto! Saleta

José Carlos dijo...

No noso Blog http://anosaclase.blogspot.com/2009/03/mimos-agarimosos.html tedes un agasallo que esperamos vos guste