FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 18 de febrero de 2009

E rematamos o xoves con...

E para remate do disfraz de Manolo o Esqueleto para o xoves: "O xoves no colo traerás o que che apeteza da casa, garabata, lazo ou bufanda e imos todos de parranda!!"

Xa que é o último día antes do gran desfile do Entroido vide ben ben guapos para rematar ben a festa (e facernos moitas fotos para poder colgar en internet)
Lembrade que mañana os nenos de Infantil facemos a nosa festa-baile do Entroido no cole así que podedes traer algún postre típico para compartir cos compañeiros, pero non moito!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A IDEA DO ESQUELETE MANOLO FOI EXCELENTE CREO QUE E UNHA FORMA BASTANTE BOA DE QUE OS NOSOS PEQUENOS SE VAIAN INTRODUCINDO NESTAS FESTAS ESTAN TODOS SIMPATIQUISIMOS.GRACIAS

Anónimo dijo...

HOLA SOMOS AROA E BRAIS OS IRMAS DE MARIA GUSTANOS A IDEA DO ESQUELETE MANOLO PERO ESTAMOS UN PUCO FARTOS DEL PORQUE A NOSA IRMA NON NOS DEIXA ABRIR A BOCA PARA DECIR O QUE TEMOS QUE POÑER O DIA SEGUINTE ELA DI QUE QUE E AMIGA DO ESQUELETE E SOLO O PODE COMENTAR ELA, PERO DE TODO XEITO NOS GUSTARIA QUE NO DESFILE FORADES CANTANDO A CANCION DE LA MANE. VOS GUSTA A IDEA

Ana dijo...

Ola chicos!! Que ben que participedes no blog!! Alégrome que vos guste a idea de Manoliño a verdade é que estamos todos moi guapos!!!
No desfile intentaremos ir andando, que non é pouco, e se a cosa sae ben entonaremos os nosos grandes éxitos!!!