FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

sábado, 21 de febrero de 2009

E por fin... O desfile!!!

Onte o noso cole parecía a paleta dun pintor porque, aínda que todo o cole íamos de Mascaritas ou Choqueiros os de Infantil tiñamos a premisa de vir cada clase dunha cor e a imaxe foi chilísima!!
Tralos últimos retoques saímos ao corredor do cole para facer o desfile e que todos puideramos disfrutar dos disfraces dos compañeiros. Foi moi divertido!!!




Tralo desfile, algo de baile e moito xogo preparámonos para saír a dar o paseo pola vila.



Iremos incluído todas as fotos do Entroido no albúm cando as vaiamos recopilando dos distintos "fotográfos do cole". Tamén vos pido que si tedes algunha foto que querades compartir a mandedes ao meu correo e eu a colgarei no albúm para que todos as podamos desfrutar (sobre todo os papis que non puideron asistir ao desfile)

Moitas grazas pola vosa colaboración porque todos os nenos estaban guapisimos!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Ana, daros las gracias a todas las profes porque quedó genial, menuda energia teneis. Lo comentabamos en nuestros "corrillos" al salir de clase. El año pasado en la guarde me lo perdí pero este año lo vivimos todo a tope las dos, victoria y yo, con lo de manolo que fue genial y haciendo el disfraz nos lo pasamos estupendamente. Buenas minivacaciones.

José Carlos dijo...

Que nivel! Esto non o millora nin a pasarela Cibeles. Ademais ata parece que andivo por ahi Agata Ruiz de la Prada do colorido que estaba todo. Fermosisimo.
Ah! esquecía decirvos que si facedes outra festa coma esa, non me importaría ir. Que boa pinta tiña todo.

Dulce Rodríguez dijo...

Qué fantástica a celebración do Antroido, felicidades a todos e todas. Un biquiño.