FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

sábado, 31 de enero de 2009

O día da Paz

Onte celebramos no cole o día da Paz. Levábamos varios días falando do tema e de que é para nós a Paz: "non pelexar", "non empurrar", "ser amigos", "non tirar do pelo"... Tamén de que o importante é facer a "Paz" todos os días e non só o día que o celebramos!!!

Para festexar este día puxémonos mans á obra, nunca mellor dito, porque decoramos o noso cole con dúas pombas moi especiais. A primeira foi a Pombiña da Paz do noso corredor de Infantil que a recheamos coas pegadas das nosas mans pero en moitos cores!!! Non fai falla dicir que pintar toda a man para facelo foi moi divertido!!



Pero non foi a única pomba que decoramos porque entre todos os nenos do cole fixemos unha moi grande onde pegamos as nosas mans brancas.

Tamén fixemos coas profes Ana e Verónica uns colares moi chulis e especiais para a data.
Deixámovos aquí un resumo do ben que o pasamos na celebración desta festa.


Aproveitamos para darlle a benvida á nosa clase á profe Elena, que "practicará" connosco durante uns meses. Esperamos pasalo moi ben xuntos!!!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias Ana por satisfacer nuestro afan de curiosidad, las fotos preciosas. Victoria llevaba toda la semana con el dia de la paz y diciendo que soltarian una pomba, yo le dije que una pomba era un paloma y me dijo: no mami, es una gaviota.Si hija, de toda la vida...para que discutir.

Ana dijo...

Hola Sandra!! A verdade é que estaban emperrados no tema das gaivotas e non había quen llo quitara da cabeza, é unha obsesión!!
Teño que pedirvos perdón porque os vosos fillos levaran na cara pintado o simbolo da "Mercedes"; ao ver as fotos na casa decateime de que non lles puxera todas as liñas do símbolo da paz e parecía outro logotipo... Iso pasa por facer as cousas as presas pero somos moitos e non damos feito!! Pero eles tiñan a mensaxe clara. Bicos

quintob dijo...

Noraboa polo baile que os pequenos fíxeron para todos nos.

Anónimo dijo...

Por fin encuentre la web!!!,muchas gracias por acogerme tan bien en vuestro cole. Espero aprender mucho y cumplir con los objetivos que se me proponen.Es muy gratificante poder estar con los niños y poder observar la cantidad de cosas que ya saben con el poco tiempo que llevan en el cole.Un saludo.

Anónimo dijo...

Bienvenida Elena. Sabes que ahora seras objeto de comentarios y escrutinios por parte de nuestros pequeños cotillas, victoria ya me contó que la profe montse se fue a otro cole y ahora hay una profe nueva. Digo cotillas porque el otro dia victoria llegó diciendo que la profe de los cabaliños maria se puso enferma, que fue al hospital y le dieron unas pastillas, menos mal que no me dijo la composición del medicamento porque quedé flipada de tanta información que no se de donde sacó, mi hija seria feliz en una corrala madrileña...bueno eso, que bienvenida.Sandra

Anónimo dijo...

Tanto a Erin como a mí nos gusta mucho ver el blog al final del día, podemos ver las cosas que ha hecho y comentarlas.
muchas gracias y saludiños

Anónimo dijo...

A que "mola" esto del blog? yo ya me he viciado y procuro mirarlo tambien cada dia, aunque a veces no puedo pero si se que seguro que hay fotos no me lo pierdo. Espero que Ana nos tenga alguna de la visita de "Anton Cortitas" como decia victoria, que les traeria un cuento para cada uno, vamos, algo asi como papa noel, eso lo dijo muy contenta ayer pero hoy ya me contó su decepcion , no les
trajo nada, eso si les contó un cuento "do arco da vella, que tiene muchos colores".