FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

domingo, 21 de diciembre de 2008

Bo Nadal


Deséxovos a todos que pasedes un bo Nadal e que empecedes o 2009 co pé dereito!!
Mándovos a todos os "fans" do noso Blog un bico moi grande, en especial para os meus Globiños que lémbrome deles moitas veces e máis nestes días!!! Quérovos moito chicos!!!

8 comentarios:

luisa dijo...

Ola,
Menuda semana mais movida tivestes... festival, o belen, viaxe ao asilo, cumpleanos.
Valeu a pena todo o esforzo e preparacion. O festival para nos foi o momento mais especial xa que tivemos a sorte de estar ali. Nunca o esquenceremos. Noraboa a todos os profes polo voso traballo e dedicacion.
Felices Festas a todos.
Bicos

Dulce Rodríguez dijo...

Felices festas, qué árbore máis bonita, que sepades que Pablete está todo o día preguntando polo cole, espero que siga así cando sexa un mozo...bicos e bo ano novo.
E Felices Festas Ana!!!!!!!!!!!!!1

Dulce Rodríguez dijo...

Felices festas, qué árbore máis bonita, que sepades que Pablete está todo o día preguntando polo cole, espero que siga así cando sexa un mozo...bicos e bo ano novo.
E Felices Festas Ana!!!!!!!!!!!!!1

quintob dijo...

!que chulada de árbore.....as fotos estan guais, as do festival. Noraboa polo voso traballo...Bicos e por un ano novo maravilloso para todos.

Anónimo dijo...

Paula xa o debeu pasar ben esta última semana porque non para de preguntar cándo ten que volver ao cole, cousa pouco frecuente cando se está de vacacións.

Feliz ano 2009 a todos/as

José Carlos dijo...

Polo que se ve nos derradeiros "posts" no " cole" cumprides co do anuncio "Vivamos como galegos" pois andades de festa en festa e , cando rematan, colledes vacacións. ¡Que sorte!.: )).
Comentarlle a Ana que si ela se acorda dos seus globiños de Arteixo , en Arteixo, tamén nos acordamos de ela moito e lle mandamos un saudo e unha aperta moi forte. Tamén un saudo para eses/as precios@s foquiñ@s de Pontedeume.
Ainda que sexa con moito retraso Bo Nadal e Feliz 2009

Anónimo dijo...

Mi bienvenida "a as foquiñas" en este 2009.Enhorabuena por el Blog.

Anónimo dijo...

Son os riscos de que ao teu pai lle guste a música, rock: as nenas pídenlle a Papá Noel e aos Reis Magos unha guitarra eléctrica, a batería de Callou e o piano de Callou, e claro... trouxéronllelos e agora temos na casa unha banda de rock and roll.

Feliz inicio de 2009 e, como dín Paula e Claudia (e Tequila tamén): NON, NON QUE O TEMPO NON VOS CAMBIE...!!!